HOMAXE DE TUI AO PÁRROCO

Vodas de ouro sacerdotais

O sábado, 16 de xuño, a parroquia de O Sagrario da Catedral de Tui faille unha homenaxe ao seu párroco D. Agustín Sobral Rodríguez, co gallo do quinquaxésimo aniversario da súa ordenación sacerdotal. Os actos programados son a misa solemne de acción de grazas ás 12,30 horas, na igrexa de San Francisco, e ás 14 horas un xantar no restaurante Cruceiro do Monte. A participación no xantar é por invitación que pode recollerse na parroquia, na catedral ou requiríndoa a calquera dos organizadores; o importe son 30 euros.

Don Agustín, párroco de Tui, naceu na parroquia de San Pedro de Sárdoma (Vigo) o 4 de abril de 1937, sendo os seus pais Jerónimo e Francisca. Despois de doce anos de estudios, nove no Seminario Diocesano de Tui e tres no de Vigo, recbíu a ordenación presbiteral na igrexa dos Padres Xesuitas (Bellavista-Vigo) o 16 de xuño de 1962.

Maio de 1952. Salón de estudios do Seminario de tui. D. Agustín, de pé, segundo pola dereita

O primeiro encargo pastoral que exerceu, entre 1962 e 1964, foi de rexente da parroquia de San Salvador de Maceira e ecónomo de San Xoán de Piñeiro (Covelo). En setembro de 1964 recibiu o nomeamento de capelán do Asilo de Anciáns de Tui e profesor de Música e Ciencias Sociais do Seminario Menor. Un ano despois pasou a ecónomo de San Salvador de Piñeiro (Tomiño) e rexente de San Salvador de Sobrada, tamén no concello de Tomiño.

O primeiro de xaneiro de 1966 recibíu o seu novo destino de ecónomo de Santa Mariña de Areas (Tui); no 7 de outubro de 1967 é nomeado capelán do “Hogar Padre Salvado de Tui” e asesor relixioso provincial do Auxilio Social. Na década entre 1970 e 1980 exerceu o traballo pastoral como coadxutor de O Sagrario da Catedral de Tui, fundando no1972 aCoral Polifónica da Catedral de Tui da que segue sendo o seu director na actualidade.

Primeira Misa. Parroquia de Santiago el Maior (Vigo)

No 1981 achégase a súa bisbarra nativa, e inicia o curso como profesor do Instituto de Bacharelato de A Guía (Vigo) e ecónomo de San Paio de Lavadores. O 30 de outubro de 1987 resulta elexido arcipreste do arciprestado de Vigo-Lavadores, misión que xa tivera en Tui en 1976.

O 4 de xaneiro de 1990 é designado capelán e responsable do servizo relixioso do Hospital de Meixoeiro (Vigo). Foi nomeado párroco de O Sagrario de Tui o 17 de setembro de 2002, e cóengo prefecto de música da Santa Igrexia Catedral o 12 de xaneiro de 2004.

O libro dos Feitos dos Apóstolos, cando narra a predicación do diácono Felipe na cidade de Samaría, di: “A cidade encheuse de ledicia” (Feit 8, 8). Pola súa parte, o apóstolo San Paulo chama ós ministros do Evanxeo “servidores da alegría” (cf. 2 Cor 1, 24). Esa é a misión de todo sacerdote: levar a ledicia de Cristo e difundila coa palabra e co testemuño da súa vida, nun mundo ameazado de cotío pola tristeza e polo o pesimismo.

Don Agustín, nos seus cincuenta anos de sacerdote, procurou ser un óptimo colaborador na alegría de todos e de todas: nas familias, entre os doentes e os vellos, cos  nenos e coa mocidade.

“Deo gratias” (deámoslle grazas a Deus).

Coral Polifónica da Catedral de Tui e Banda Municipal. Festival de Nadal, 2006

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: