O primero de novembro de 2009, despois dunha longa enfermidade, faleceu o benemérito sacerdote D. Vicente Souto Doval, que foi cóengo Prefecto de Liturxia da catedral de Tui. No velatorio alguén dixo que D. Vicente sempre que miraba un cruceiro dirixíalle estas palabras: “Salvator mundi, salva nos!” (¡Salvador do mundo, sálvanos!). Por outra banda, a súa irmán Mercedes referíu que durante a doenza collía o crucifixo e apertábao de tal xeito que lle produciu callos na man dereita.
Parece que de momento os movementos ideolóxicos sectarios abandonaron as súas liortas para conseguir retirar os crucifixos dos lugares públicos. Pero a propaganda laicista aproveitará calquera ocasión para atacar a simboloxía humana e relixiosa de Xesucristo crucificado. Por iso, no Ano Santo Xacobeo e na proximidade da Semana Santa mostramos algúns exemplos do significado da Cruz.
A bondade e a misericordia de Deus é infinita, asemade súa xustiza. Só El sabe por que permite as doenzas -as cruces- tanto físicas como psíquicas e morais. Os autores cristiáns afondan en tres razóns:
A primeira é para que perserveremos no bo camiño, e por iso o Señor nos proba coma a fillos benqueridos.
A segunda é para que confiemos exclusiva-mente nel, de xeito que sexamos humildes e vivamos sempre cheos de fe e esperanza.
A terceira razón é porque Deus quere probarnos coma o ouro no crisol aumentando a súa calidade e valor. A este fogo purificador da tribulación someteu a todos os santos, antes de darlles a paz temporal neste mundo e no outro a felicidade plena.