ANIVERSARIO DO NACEMENTO DO BISPO SALVADO

Tradución ao galego da obra do P. Salvado sobre Australia

Avelino Bouzón Gallego. Coengo arquiveiro da catedral de Tui.

O día 1 de marzo de 2015 cúmprense 201 anos do nacemento do Padre Rosendo Salvado Rotea no barrio de Riomolinos, na rúa que agora se chama “calle del Obispo Salvado”. Na fachada da casa número 7 ten rotuladas dúas placas de mármore, a máis grande di: “El día 1º de marzo de 1814 nació en esta casa el que fue obispo de Puerto Victoria y últimamente de Aduani, y abad de Nueva Nursia en la Australia Occidental, el Ilmo. y Rvdmo. Padre Fray Rosendo Salvado y Rotea. “Los hijos de Tuy” le dedican este recuerdo a su gloriosa memoria. Tui 7 de abril de 1902”. Na segunda placa, posta fai un ano, lese: “AO BISPO FRAI ROSENDO SALVADO ROTEA homenaxe de admiración de Tui e Galicia ao egrexio tudense no bicentenario do seu nacemento. Tui, 1-marzo-2014”.

El autor del artículo y Joaquín Álvarez Durán, avicultor

Joaquín Álvarez Durán, avicultor, e  o autor do artigo

 

No comezo da conmemoración do bicentenario do nacemento do egrexio tudense, evanxelizador dos aborixes australianos, o Parlamento de Galicia asumira a proposta de publicar en galego a obra que o monxe bieito publicou primeiramente en italiano no ano 1851 co título “Memorie storiche dell’Australia, particolarmente della Missione Benedittina di Nuova Norcia e degli usi e costumi degli australiani”, Roma, Coi Tipi della S. Congreg. de Porpaganda Fide. No ano 1853 publicouse en castelán: “Memorias históricas sobre Australia y particularmente acerca de la Misión Benedictina de Nueva Nursia, y los usos y costumbres de los salvajes”, Barcelona, Imprenta de los Herederos de la V. Pla. No 1946 editouse en francés: “Mémoires historiques sur l’Australie, et particulièrement sur la Mission de la Nouvelle-Nursie”, París, Alphonse Pringuet, Libraire-Éditeur. Na conmemoración do centenario da viaxe de ida de Rosendo Salvado para Australia, fíxose unha nova impresión en castelán: “Memorias históricas sobre la Australia y la Misión Benedictina de Nueva Nursia”, Madrid, La Editorial Católica, S.A., 1946. A tradución ao inglés data de 1977: “The Salvado memoirs. Historical memoirs of Australia and particularly of the Benedictine Mission of New Norcia and of the habits and customs of the Australian natives”, Nedlands, W.A., University of Western Australia Press.

O 12 de decembro do 2014, pola mañá, o Parlamento de Galicia acolleu a presentación da edición en galego do libro do P. Salvado que leva este título: “Memorias históricas sobre a Australia e particularmente sobre a misión beneditina de Nova Nursia e os usos e costumes dos australianos”. A obra está coeditado pola Xunta e o Parlamento de Galicia, e polo Consello da Cultura Galega. O libro, cunha edición moi axeitada, ten un total de 443 páxinas, ilustradas por unha media ducia de gravados. Na folla de cortesía despois do texto lese: “Este libro rematouse de imprimir no ano 2014, coincidindo coa conmemoración dos douscentos anos do nacemento de Rosendo Salvado”.

Nieves Romero Pérez, Sandra Santos López, Cristina López, Miguel González Fernández y Elena López López.

Nieves Romero Pérez, Sandra Santos López, Cristina López López, Miguel González Fernández y Elena López López.

O escrito do P. Salvado ten unha forte intención apoloxética, e divídese en tres partes: 1) Historia de Australia: xeografía, zooloxía, ornitoloxía, botánica, colonización, etc; 2) Orixe da misión beneditina, destinada á conversión e civilización dos salvaxes; 3) Os australianos, estudo antropolóxico e etnolóxico.

Son moi elocuentes as verbas pronunciadas polo presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares Paz, no acto de presentación: “Fray Rosendo tenía 35 o 36 años cuando escribió este libro, que es como una especie de diario. No se trata del balance de una vida, sino que expone su proyecto de vida. Además de describir a los aborígenes australianos, su cultura y su forma de vida, da pistas de cómo piensa Fray Rosendo, un hombre adelantado a su tiempo”.

Animo a todos, mais particularmente aos tudenses, a ler ao noso compatriota: “un adelantado a su tiempo”, “un gallego universal” que defendeu aos aborixes desde o minuto cero.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: