O CRUCEIRO DE SAN SIMÓN (RIBADELOURO)

POEMA PRECIOSO DO CÓENGO D. BASILIO AO HISTÓRICO CRUCEIRO DE SAN SIMÓN (s. XVI)

D. Basilo. Monte de “San Julián”. Festa das Angustias, 2 de xullo de 1967. Foto tirada por Telmo Diz Martínez.

D. Basilo. Monte de “San Julián”. Festa das Angustias, 2 de xullo de 1967. Foto tirada por Telmo Diz Martínez.

Na “Conversa con dona Mercedes” publicada na Folla nº. 70 (xullo 2010), páxina 3, a entrevistada dicía que o cruceiro da Besadiña foi levantado polo ano 1943 para cumprir unha promesa que fixera a súa nai pedindo a curación do seu fillo Basilio, gravemente enfermo. Na páxina 4 da mesma Folla presentábamos o cruceiro de San Simón (Ribadelouro, s. XVI), ó que D. Basilio González Domínguez, profesor de relixión no Instituto Laboral de Tui, na revista “Tuy. Publicación del Instituto Laboral “San Pelayo” (abril de 1957) adicoulle o fermoso poema, que copio de seguido.

Cruceiro de San Simón. Víctor Manuel Gómez Hermida e seu irmán Juan Pablo co fillo Sergio Gómez Rojano.

Cruceiro de San Simón. Víctor Manuel Gómez Hermida e seu irmán Juan Pablo co fillo Sergio Gómez Rojano.

¡Cruceiro d’a miña Terra,
Todo él polido de pedra!
¡Cruceiriño d’o lugar!
¡Emparo d’os nosos campos!
¡Cariño d’o carreteiro!
¡Alegría d’o meu eido!
¡Arrulo d’o meu cantar!
¡Meu cruceiro! ¡así erguido!
¡N-os valados e carreiros,
Pra non torcer o camiño!
¡Sempre acenando co’a man!
 
C’o teu murgo verdecente,
C’os teus brazos extendidos
¡Todos somos uns valentes!
Nin hay horta nin enxido
Sin a tua bendición.
¡Cómo medran nosos millos!
¡Qué ben moen os moiños!
¡Qué frescor sobe d’o río!
¡Cómo aquenta o noso sol!
 
Cando de noite, n’o escuro,
Te vexo n-este camiño,
Perdo medo ¡cruceiriño!
E rompo n-um “alalá”,
Fago a venia, me presino,
Y-o meu cantar vagariño
Paréceme un paxariño
De pola en pola, que brinca
N-o arboreda d’o lugar.
 
Y-aquela moza garrida
Qu’espertou n-ontronte à noite
Co-a cantiga máis bonita
Qu’eu xamais oin cantar.
 
Aquela boa mociña
Que paralou à noitiña
(¡Solo hasta as Avemarías!)
N-o cruceiro c’o galán,
Non ten malos pensamentos
(Que ha de tel-os…!),
¡Nin precisa xuramentos!
Que as palabras n-un cruceiro
Ten o mismo valimento
Que si foran n’un altar…!
 
 
¡Miña santa crus de pedra!
Criàmonos de pequenos,
Brincamos aquí de nenos,
Aquí mesmo xunta ti.
De mozo fun ô servicio,
Y-o meu adiós derradeiro
(¡Ti sírvesme de testigo!),
Foy alá n-aquel outeiro
C’as bagoadas n-os ollos,
Hasta que te xa non vin…!
 
¡Ay, estes cruceiros nosos!
Entre silvas e loureiros,
Que fan d’o lugar igrexa,
E d’os campos fan mosteiros,
¡Son a bendición de Dios!
Danme noxo as carreteras,
Muy direitas, ¡ay! que lisiñas,
¡Mais… sin frores nin herbiñas!,
¡Sin estas cruces de Dios!
¡Ven a min, camiño vello!
Con lamas e pedregullos,
Arrimado ôn estadullo,
¡Que a gusto rezo al Señor!
 
Xunta a ti rezou mi padre,
Fixo promesas mi madre,
Namoraron meus abôs,
Xunta ti brinquei de neno,
Aquí aprendín a “Salve”
E chorey, cando de mozo,
Tiven que dicirche ¡Adios!
¡Cruceiro! ¡Santo cruceiro!
Sempre che tiven cariño
Pero… dind’aquela tarde,
Que n-as pedras d’o carreiro
Baixaron, moi amodiño
A Caixa d’o noso pay,
Eu non sey que tês, cruceiro,
Que aunque veña n’unha festa
Ou de beillar n’o torreiro,
Ô verte… ¡rompo a chorar!
 
¡Benia a este cruceiro erguido!
C’un brazo cubrindo os berces
E co outro bendicindo
O camposanto querido
D’a nossa Terra Cristián.
 
¡Cruceiro! ¡Noso cruceiro!
Sempre así os dous xuntiños!
¡Como dous bos compañeiros!
¡Pol-a vida n’os camiños
Abrazados sempre os dous!
E cando s’achegue a morte,
Que nos colla apretadiños.
¡Dinde eses brazos de pedra,
Que gusto, meu cruceiriño!
¡que gusto voar a Dios…!
 
Cruceiro da Besadiña. Víctor Manuel Gómez Hermida sostén a Sergio, o fillo de seu irmán Juan Pablo (a dereita).

Cruceiro da Besadiña. Víctor Manuel Gómez Hermida sostén a Sergio, o fillo de seu irmán Juan Pablo (a dereita).

 

Dun tempo a esta parte as representacións da cruz de Cristo (crucifixos e cruceiros) están expostas a bárbaras depredacións e sometidas a tensos debates nos medios de comunicación orais e escritos. Isto lembra ás vellas liortas políticas que desataron a “furia iconoclasta” destruíndo valiosos monumentos históricos. É importante coñecer que as cruces e cruceiros teñen unha significación cultural, social e histórica que orixinan unha gran diversidade de prototipos. Nomeamos algúns modelos: cruces o cruceiros xubilares; cruces de término ou de linde; cruceiros indicadores; cruces de memoria (cruceiros de ánimas, cruces dos cemiterios, de accidentes mortais, dun evento notábel…); cruceiros de encrucilladas; de gratitude (coma o da Besadiña); cruceiros procesionais; cruces parroquiais, etc. Deste xeito, os cristiáns desde a máis remota antigüidade levantaron cruces e cruceiros para eventos solemnes ou máis triviais da súa existencia.

Teoloxicamente, a cruz é o emblema do cristián que resume significativamente toda a vida e a obra de Cristo. A cruz atrae coma un imán de potente enerxía salvífica, pero tamén rexeita e vence toda a potencia do mal e a constitucional debilidade humana. A cruz de Cristo é a árbore redentora onde triunfou a vida, confrontada coa árbore do paraíso que foi causa de morte (as cruces que fabricamos nós). Segundo o evanxelista San Xoán, a Cruz e a Pascua é un único misterio. Na Misa contemplamos a Cristo que reina desde a Cruz, e a Virxe chora ao pé déla en especial polos seus fillos que a rexeitan.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: