UN NÚMERO REDONDO

Mirar para adiante

O boletín “Parroquia San Bartolomeu de Rebordáns-Tui” chega ao número 100, cumprindo nove anos e tres meses da súa andaina. O número 1 publicouse a principios de novembro de 2003. O primeiro e segundo boletín saíron en formato de papel DIN A4, e os seguintes números en formato A3, resultando un total de 396 páxinas impresas.

blog san bartolome

A información social e relixiosa ofrecida por esta publicación mensual é tan variada como a propia vida. Inclúe nacementos e defuncións, festas e grandes proxectos, novas adquisicións e reparación dos tesouros artísticos; saldos de contas parroquiais cos seus déficits e superávits; informes, entrevistas, reportaxes, etc.

O estilo da publicación corresponde a unha crónica que reflicte as vicisitudes da freguesía de San Bartolomeu de Rebordáns; porén nesta especie de diario coméntase mensualmente as celebracións sobranceiras da extensa comarca baixomiñota, as conmemoracións da diocese de Tui-Vigo e as efemérides que teñen unha soada resonancia universal.

FARO CHAPELA

En case unha década aconteceron moitas cousas, algunhas pódense considerar triviais, pero outras trouxeron cambios profundos. Houbo tristes sucesos dignos de bágoas, pero a maioría das páxinas son dedicadas a eventos felices que despertan entusiasmo e esperanza.

Cando se acada un número redondo (100 boletíns), é preciso non mirar para atrás con ira ou desprezo senón tirar para adiante sen perder o optimismo, pois aumentan os lectores que senten o papel e as páxinas dixitais deste boletín coma un espazo interesante, para cotexar opinións diferentes que potencian a liberdade; a paz e o desexo de conseguir un mundo mellor, ou sexa: un mundo máis humano e máis cristián.

IMG_3608

Coa ledicia e satisfacción de ter cuberto un treito importante dos anais históricos da parroquia, é necesario recoñecer a cooperación económica e alentadora dos fregueses; os comentarios eloxiosos de moitos lectores fieis e os avisos do deslizamento de erratas, inelutábeis en todas as redaccións urxentes. Merecente dun recoñecemento especial é Da. Isabel Javier Terrón polos seus artigos magníficos, enviados con xentil puntualidade; tamén unha gratitude nominal para D. Diego Pérez Gondar, que actualiza o post no blog “gratis et amore” (con gusto e con amor).

Non se pode esquecer a profesionalidade dos operarios da imprenta “Gráficas JUVIA”, o seu director Juan Lima, o fillo Juan, o informático Ignacio Soliño, e os que atenden aos prelos: Isidoro, Miguel, Guillermo e Paco. Todos eles teñen o máximo interese para que a edición do boletín sexa insuperable. Os lectores recoñecen e agradecen o bo gusto dos afanosos editores.

Gratias tibi, Deus. Gratias tibi! Grazas a Deus, “doador de todo ben”, a través da Virxe do Camiño, a quen suplicamos a súa poderosa intercesión para seguir conquistando novos obxectivos.

TABOLEIRO DE HONRA

Neste boletín nº. 100, un mes despois do final do 2012, como párroco quero poñer nun taboleiro de honra a todas as persoas que traballan cada semana na limpeza e decoro dos dous templos da Virxe do Camiño e da igrexa de San Bartolomeu.

En nome propio, e de todos os fregueses, exprésolles a minha profunda e pública gratitude  pola súa dedicación constante e xenerosa.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: