A FESTA DE SAN BARTOLOMEU VISTA POR “EGO”

San Bartolomeu de Tui

Santo dos meus anos mozos,

alumeado por seis cirios,

e unhas floreciñas de adorno…

O demo tira dos pés,

adoece como un tolo

c-o tenedor estirado,

botándolle os ollos fogo.

Os rapaces, ben vestidos

doblan con dolor o lombo

e pasan baixo d-a peana

botando os demos d-o corpo….

Fan unha fila muy larga

tremendo como raposo

e pasan baixo d-a mesa

con mais vengonza que folgos…

 

San Bartolomé de Tui

Santo-dos meus anos mozos,

alumeado por seis cirios,

e unhas floriñas de adorno…

O demo tira dos pés,

adoece como un tolo

co garfo estirado,

botándolle ós ollos fogo.

Os rapaces, ben vestidos

dobran con dor o lombo

e pasan baixo da peana

botando os demos do corpo….

Fan unha fila moi longa

tremendo como raposo

e pasan baixo da mesa

con mais vergonza que folgos…

 

Velaí van Pepe do muíño

Rosendo, Manolo Cordo,

Juan Zaramola, Tiburcio,

Pepe Gándara, Jerónimo,

Xan das Bornetas, Servando,

Darío, Ánxel do Rollo,

e outros moitos “Pelegrins”

devotos de San Bartolo,

que lle rezan o santiño

pero miran de reollo

o raio do demo aquel

que pon cara de demoño

pero Santo, con cadeas

préndelle forte o pescozo…

 

¡San Bartolomeu de Tui!

Santo dos meus anos mozos…

Empanada de sardiñas;

asado de lomo ou polos;

cena debaixo das parras

que están do atrio o acougo,

viño tinto do pais;

gaita, tamboril e bombo;

peleas dos “Sarandainas”

sardiñas, ostras, xolgorio;

feira de liño famosa;

foguetes de tres estralos;

a banda de Pexegueiro,

tocando valses a bondo,

chiquitas no”jerezano”,

rosquillas e moito polbo…

 

San Bartolomeu de Tui,

Santo dos meus anos mozos…

Neste día recordando e

os teus festexos con outros,

aquelas festas sonadas,

case me tocan a choco…

Con aceito do “Jaldrucho”,

ásanse anémicos polos

e empanadas de “raspitas”

comen sardiñas os mozos.

Bailan congas e boleros,

zambas, bugis [?] e zorogos.

 

En fin meu Santo que o demo

amarras polo pescozo,

neste mundo endomoñado

deixas moitos demos soltos.

“Ego” é o pseudónimo de Manuel Durán Valiño que tamén asinaba osseus artigos para a prensa como “Man D’uval”.

Segundo o libro de Bautizados da parroquia do Sagrario da Santa Igrexa Catedral de Tui (tomo 30, f. 188 v.), Manuel Durán Valiño naceu en Tui o 11 de xaneiro de 1899; foi bautizado o día 13 do mesmo mes e ano, sendo os seus pais José Durán Solleiro, natural de Piñeiro (Tomiño), e Rogelia Valiño Lago, natural de Tui. Feneceu en Vigo o 28 de febreiro de 1957.

Juan José Cortegoso Durán (Cheché), coa crónica de “EGO”, pasoume unha nota na que afirma que “Mandúval” era sobriño do cóengo D. Ángel Valiño Lago, coñecido como “o santo”. Pola súa promoción a capitular, o 17 de abril de 1952, D. Ángel foi nomeado fillo predilecto de Tui e dedicóuselle a rúa desde o arco de Santo Domingo ata a rúa de San Bartolomeu; morreu o 29 de xaneiro de 1959.

Yiján e Manal, nai e filla respectivamente (1ª e 2ª pola esquerda) de Caná de Galilea onde naceu S. Bartolomeu, nunha visita a igrexa parroquial (25-VII-2012).

Cheché di na súa nota que Manuel Durán adicou gran parte da súa vida ao periodismo, era famoso polos seus escritos satíricos. Polas súas contas, a crónica pode ser de 1940. Graciñas!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: