IN MEMORIAM. EXCMO. D. JOSÉ CERVIÑO CERVIÑO BISPO EMÉRITO DE TUI-VIGO

O venres, 20 de abril, ás 5 da tarde celebrouse na catedral de Tui o solemne funeral de corpo presente polo bispo emérito de Tui-Vigo D. José Cerviño Cerviño.

As exequias foron presididas polo arcebispo de Santiago de Compostela, D. Julián Barrio Barrio. Concelebraron o arcebispo emérito de Valladolid, D. José Delicado Baeza (bispo de Tui-Vigo entre 1969-1974), o actual da sé vallisoletana D. Ricardo Blázquez, o arcebispo de Tánxer Frei Santiago Agrelo, franciscano, amigo da xuventude do falecido. Tamén concelebraron o bispo de Tui-Vigo, D. Luis Quintero Fiúza, o emérito D. José Diéguez Reboredo, e os titulares das outras dioceses galegas, D. Alfonso Carrasco, de Lugo; D. Leonardo José Lemos, de Ourense; D. Manuel Sánchez, de Mondoñedo-Ferrol, e o de Astorga, D. Camilo Lorenzo. Asistiron tamén preto de 130 sacerdotes.

D. Ángen Carnicero, diácono, con alumnos de pre-seminario

Logo da misa, o caixón foi portado por seis sacerdotes á capela da catedral chamada do Santísimo ou de San Andrés, onde repousan no nicho que o arquitecto do plan director da catedral, Iago Seara, proxectou axiñamente no arcosolio da parede norte.

O bispo emérito D. José Cerviño Cerviño morreu na madrugada do mércores 18 de abril aos 91 anos de idade nun hospital de Vigo, despois de ser hospitalizado desde o 5 de abril, Xoves Santo. A saúde do prelado, que sufrira varios infartos, de súpeto agravouse nas dúas últimas semanas. Con todo, D. José permaneceu sereno ata poucas horas antes de que a súa vida se extinguira.

Monseñor Cerviño naceu o 21 de agosto de 1920 en Aldán, arquidiocese de Santiago de Compostela. Fillo de Román e Ramona, era o máis novo dos doce irmáns. Aos 13 anos entrou no seminario de Tui ata que a guerra civil (1936-39) interrumpiu os seus estudos; entón foi para o seminario de Santiago a estudar a Filosofía e a Teoloxía, sendo ordenado sacerdote o 6 de abril de 1946.

Despois de obter a licenciatura en Dereito Canónico na Universidade Pontificia de Salamanca, volveu como profesor e reitor do Seminario de Tui ata que en 1953 retornou á arquidiocese de Santiago.

Na sé compostelana foi nomeado bispo titular de Benepota e auxiliar do cardeal D. Fernando Quiroga Palacios, o  4 de xuño de 1968. Recibiu a ordenación de bispo en Santiago o 28 de xullo de 1968. O 8 de novembro de 1976, o Papa Paulo VI nomeouno bispo de Tui-Vigo. Tras 21 anos de servizo pastoral na diocese, ao alcanzar a idade canónica,  renunciou (1996).

D. José Cerviño era intelixente, accesible, cun gran sentido do humor. Paga a pena notar a súa particular atención ós sacerdotes e á promoción da actividade caritativa e social, apoiando fortemente a Cáritas Diocesana e o Proxecto Home. Desde a miña consideración máis persoal, teño que estarlle moi agradecido porque, cando lle pedín para profundizar nos estudios, mandoume á Pontificia Universidade Gregoriana en Roma, para que me especializara en Historia da Igrexa.

Don José, vivas in pace.

Inscricións da lápida que cerra o sepulcro

Franxa do bordo superior:

EPISCOPUS TUDENSIS-VICENSIS 1975-1996  –  SUAM CORONAVIT PEREGRINATIONEM

18 APRILIS 2012

Bispo de Tui-Vigo 1975-1996  –  Coronou a súa peregrinación, 18 abril 2012

Franxa do bordo inferior:

[Escudo de armas de Mons. Cerviño co seu lema episcopal “Pro eis….” (Jn 17, 19)]

REVERENDISSIMUS PATER IOSEPH CERVIÑO CERVIÑO   PRO EIS… IN AETERNUM.

Reverendísimo padre José Cerviño Cerviño  “Por ellos…” (Jn 17, 19) para siempre.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: