EFEMÉRIDE DE SAN TEOTONIO

Oblato no mosteiro de San Bartolomeu de Rebordáns

          O 18 de febreiro fai 850 anos que morreu San Teotonio, o primeiro santo portugués, conselleiro e confesor de D. Afonso Henriques [Alfonso Enríquez], o rei que formou Portugal coa independencia de España (1139) e a reconquista  aos mouros (toma de Lisboa en 1147, etc.).

          San Teotonio naceo en 1082 na parroquia de Ganfei (Valença) e morreu en Coimbra o 18 de febreiro de 1162.

            Cando tiña 10 anos o seu pai Oveco, para darlle unha sólida formación, levouno ó mosteiro benedictino de San Bartolomeu de Tui onde o abade era o seu tio paterno, San Cresconio que morreu o 22 de xunio de 1098 sendo bispo de Coimbra .

            Despois de recibir a ordenación de presbítero, o primeiro santo lusitano sucedeu, no 21 de xuño de 1112, ao seu outro tío D. Teodonio [Tedonio] como prior da Sé de Viseu, da que é padroeiro.

            O bispado de Viseu, cando polos anos 1060 faleceu o seu prelado D. Gomes, quedou dependente do bispo de Coimbra e administrada por priores.

            San Teotonio, durante unha decena de anos, exerceu con dedicación e grande éxito como prior de Viseu, despois renunciou a este priorato para emprender dúas viaxes a Xerusalén.

            A primeira peregrinación hai que situala no comezo do ano 1121. No inicio de 1130 viaxou a segundo vez a Terra Santa “com nâo pequena multidâo de peregrinos e tomou novamente o caminho, há tanto desejado, de Jerusalém, pois o devoto varâo percorrera já o mesmo itinerario” (Vida de San Teotónio).

            O seu anónimo biógrafo relata que despois de dezaseis semanas de viaxe chegaron ao cabo Malia (na extremidade meridional de Grecia); entón o barco foi acometido por unha violenta tempestade que puxo en perigo a vida de todos os pasaxeiros. Nesta ameaza terrible, San Teotonio rezou a Deus de xeonllos, cos brazos abertos e bágoas nos ollos, dicindo:

“Senhor, Senhor Jesus Cristo, Filho de Deus vivo, Filho de Santa Maria, que com o Pai e o Espírito Santo és um só Deus na Suprema Trinidade e verdadeira unidade, socorre-nos, pois que estamos no supremo perigo”.

            De contado, principou a amainar a impetuosa tempestade e o santo agradeceu “por o Deus de misericórdia se ter dignado libertá-los deste transe mortal”.

            Cando regresou a Coimbra no 1132, fundou alí o mosteiro da Santa Cruz baixo a regra de San Agustin. O seu corpo repousa nunha capela da igrexa do devandito mosteiro da Santa Cruz, ao carón do primeiro rei de Portugal. Un ano despois da súa morte (1163), o papa Alejandro III canonizouno.

—————–

Actos na celebración do DCCCL aniversario da morte de San Teotonio (18 febreiro)

VALENÇA (Portugal). A Cámara (o Concello) declarou festivo o día 18 de febreiro.

– As 9 horas: Colocación de unha coroa de flores diante da estatua, na praza (largo) de S. Teotonio

– As 21,30: Concerto coral polifónico S. Teotonio na “Alfándega [aduana] Cultural”.

GANFEI. Os actos celebraranse no lugar do nacemento do santo, onde ten dedicada unha capela.

– As 9,30 horas: Misa e procesión na praza (largo) S. Teotonio, diante da capela.

– As 11 horas, Sesión solemne na sé da “Junta de Freguesia de Ganfei”, ubicada na mesma praza.

– As 22 horas: Festa nocturna animada pola orquestra española “Nievla”, na devandita praza.

 NOTA.- As horas corresponden ó horario de Portugal, unha hora despois en España.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: