Carta Apostólica “Porta fidei”

ANO DA FE

(11-X-2012 – 24-XI- 2013)

 O dia 11 de outubro de 2012 cumpriranse 50 anos da apertura do Concilio Vaticano II. O beato Xoán XXIII inaugurou o concilio, o 11 de outubro de 1962, co obxectivo de abrir as fiestras para deixar entrar aire fresco na Igrexa.

           

Nesa mesma data do 12 de outubro de 2012 celebraranse vinte anos da publicación do “Catecismo da Igrexa Católica”, promulgado polo beato Xoán Paulo II coma un dos principais froitos do Concilio Vaticano II.

            Estes son o motivos que levaron ao Papa Benedicto XV a convocar un “Ano da fe” coa Carta Apostólica en forma de Motu proprio, titulada “Porta fidei” (11 de outubro de 2011). A expresión latina Motu proprio significa “por propia iniciativa”, aplicable aos documentos pontificios que afectan a cuestións específicas.

            No mesmo documento, Benedicto XVI  recorda que convocou a Asemblea Xeral do Sínodo de Bispos, para o mes de outubro de 2012, sobre o tema “A nova evanxelización para a transmisión da fe cristiá”. Este evento vai supoñer para Igrexa enteira un tempo de reflexión especial e de  redescuberta da fe.

            A Carta Apostólica “Porta fidei” (”Porta da fe”, Act 14, 27), no número 4, sinala que non é a primeira vez que se celebra un “Ano da fe”, pois o papa Paulo VI xa proclamara un similar en 1967, dous anos despois do fin do Concilio Vaticano II, para conmemorar o XIX Centenario do martirio dos apóstolos San Pedro e San Paulo.

            Para comprender a importancia deste ano xubilar da Fe ou do Credo, que os católicos profesamos coas palabras e coas accións, é bo saber e reflexionar sobre o que o catecismo “Youcat” ensina no número 21.

  Que é a fe?

–  A fe é puro don de Deus, que recibimos, se a pedimos ferventemente.

– A fe é a forza sobrenatural necesaria para a nosa salvación.

– A fe esixe a vontade libre e o entedemento lúcido do ser humano cando acepta a invitación divina.

– A fe é absolutamente certa, porque ten a garantía de Xesús.

– A fe é incompleta mentras non sexa efectiva no amor.

– A fe aumenta se escoitamos con máis atención a voz de Deus e a través da oración estamos nun intercambio vivo con el.

– A fe permítenos agora mesmo gustar con antelación a ledicia do ceo.

             O mesmo catecismo “Youcat”, na páxina 26, contén este pensamento interesante do filósofo austríaco Luis Wittgenstein, que morreu no1951: “Crer en Deus significa entender que coas cousas do mundo non é suficiente. Crer en Deus significa entender que a vida ten sentido”

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: