MADRID DO 16 AO 21, XORNADA MUNDIAL DA XUVENTUDE

 

Australianos en Tui
. Ante a inminente visita de Benedicto XVI a España con motivo da XXII Xornada Mundial da Xuventude (XMX) que se celebra en Madrid do 16 ao 21 de agosto baixo o lema «Enraizados e edificados en Cristo, firmes na fe» (Col 2, 7), xa son moitos os grupos de mozas e mozos de diversa procedencia acollidos entre nós.
 A primeiros de xullo un sacerdote de Vigo que participou na última XMX celebrada en Sidney(2005), chamoume ao Arquivo para pedirme que lle procurara un guía que falase o inglés para explicarlles a catedral de Tui a un grupo de australianos. Estes albérganse na cidade tudense porque desexan coñecer o lugar de nacemento do padre Rosendo Salvado Rotea, evanxelizador dos aboríxenes de Australia.


 As XMX iniciounas o beato Joan Pablo II en 1984 aproveitando que a ONU declarara para 1985 o Ano Internacional da Xuventude. Así a todo, os sucesivos encontros non estiveron dominados por un plan premeditado, pola contra, os participantes determinaron a súa dinánima, tal como o manifesta o Papa da xuventude:
 “Nadie ha inventado las jornadas mundiales de los jóvenes. Fueron ellos quienes las crearon. Esas jornadas, esos encuentros, se convirtieron desde entonces en una necesidad de los jóvenes en todos los lugares del mundo. Las más de las veces han sido una gran sorpresa para los sacerdotes e incluso para los obispos. Superaron lo que ellos mismos se esperaban” (JUAN PABLO II, Cruzando el umbral de la esperanza, p. 134).
 Programa da XMX
Luns 15 de agosto: Acollida (aloxamento, distribución da comida, seguridade, etc.)

Martes 16: Misa de Benvida, celebrada polo cardeal Arcebispo de Madrid.

Mércores 17: Sesións de catequeses e festivais varios pola tarde e noite
Xoves 18: Chegada e acollemento do Papa.
Venres 19: Vía Crucis pola noite.

Sábado 20: Noite de Vixilia con Benedicto XVI e “durmir baixo as estrelas”.

Domingo 21: Misa de Clausura.

 Ademáis hai outras actividades adicionais froito da creatividade da xuventude. Serán centos de miles de persoas de diferentes razas e culturas que nun ambiente festivo de música e oración acollen ao Papa e dan testemuño da súa fe.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: