CRÓNICA DA VIAXE A FÁTIMA E LISBOA

Beatificación da Madre María Clara, fundadora da Congregación das Hirmáns Franciscanas Hospitaleiras da Inmaculada Concepción (“Hospitaleiras”)

 O venres, 20 de maio, ás 14,30 horas, como estaba programado, saímos de Tui trinta e cinco viaxeiros no autocar da empresa Suárez de Goián en dirección a Portugal, con destino a Fátima e Lisboa.

            Nunha tarde soleada e case estival, os pasaxeiros ocuparon as súas respectivas prazas. De contado consignamos os seus nomes.

       

     Carmen Solleiro Alonso, Candelaria Fernández e a súa irmán Josefina; José Carlos López Pérez e a súa dona Casilda Paramos; Nicanor González Lorenzo, a súa dona Sabina Domínguez Núñez e Nievitas; Joaquín Carrera Silva e a súa muller María del Carmen Lombardía; Eduardo Rendo Alonso e a súa dona Carmen Pereira; Pedro Estévez e a súa dona Celia González Santiso; o matrimonio José Martínez Diz, Amparo Castiñeira Alonso e a neta Ana María Domínguez Martínez; Carmen Fernández e Recaredo Martínez Calzado; Andrés Cortiñas, de Salceda, e Javier Alfaya, de Randufe; Maricarmen Buján e Carmiña Pintos; Ana Alfaya, de Randufe, e Josefa Domínguez Núñez, de Rebordáns; Esperanza Rúa Silva, de Moaña, Elvira Alonso Iglesias, de Ribadelouro, e Carmen Souto Díaz, de Currás; o matrimonio Adolfo Areses e Maribel Cordo; Carlos Remesal Novás, Guillarei, e Lázaro González Porto, de Salvaterra, e Francisco Pereira, de Tui. Completaban a lista o Rvdo. D. Avelino Bouzón Gallego e o chofer Fernando, de A Guarda.

            Despois de facer a presentación individual dos viaxeiros, rezamos o Rosario, intercalando o canto das estrofas da Ave María de Fátima. Logo de pasar Porto, paramos uns 30 minutos na primeira área de repouso que atopamos.

            Ás 19 (hora portuguesa) chegamos a Fátima. Non atinábamos co hotel “Santo Antonio”, pero o guía consultou a unhas freiras italianas, as cales pediron información a un mozo portugués, quen fixo unha chamada telefónica para asegurarse da rúa, e logo co seu turismo guiounos ata o hotel.

            Ás 19,30 asistimos na basílica a Misa que presidiu o párroco de Rebordáns, autor desta pequena crónica, con outros grupos de españois que pasaron a noite en Fátima, con rumbo Lisboa.

A dereita, Georgina Troncoso Monteagudo, veciña de Baiona, curada milagrosamente dunha grangrena pola intercesión da Madre María Clara.

            Despois de cear no hotel, ás 21,30, xa noite pechada, participamos na impresionante procesión das velas pola explanada do santuario.

O sábado, ás 7,30, saímos do hotel rumbo a Lisboa. Chegamos ás dez menos un cuarto. A cerimonia da beatifiación empezou ás 11,30 e rematou ás 14,30. Non describo polo miudo a celebración porque dela informaron os principais diarios portugueses e tamén o “Faro de Vigo”.

            Hai que salientar que o Estadio do Restelo, en Lisboa, estaba cuidadosamente disposto para o evento e as bandeiras portuguesas, españolas, italianas, brasileiras, hindús e africanas de Cabo Verde achegaban un colorido exótico e unha sinal de universalidade.

            Case eran as catro da tarde cando chegamos ao “ Botequím do Rei” para xantar. O restaurante, sito ao carón dun dos estanques con cisnes do Parque de Eduardo VII, é un lugar delicioso.

            Ás 17,30 subimos ao autobús para recorrer a parte romántica da cidade, coñecida como a “Baixa Pombalina”. Dende a Praza do Rei, preto da foz do Tajo, aparcou o autobús. Uns viaxeiros visitaron a catedral e o mirador de Santa Lucía, outros adicáronse a comprar agasallos.

            Ás 20,30 chegamos a Fátima para cear e asistir outra vez á procesión das velas. Algúns, antes de tornar ao hotel, aínda se detiveron a parolar e tomar café nunha terraza.

            O domingo 22, deixamos todo aprestado no coche para tornar a Tui inmediatamente despois de xantar. Ás 11,30 participamos na Misa internacional dos peregrinos, logo comemos un apetitoso polo asado. Saímos do hotel ás 14,30 e chegamos a Tui ás 19,15 (hora española), coa posiblidade de exercer o dereito a votar.

 Avelino Bouzón Gallego

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: