Beatificación da Madre María Clara
O 21 de maio, sábado, ás 11,30 horas (10,30 en Portugal), no Estadio do Restelo (Lisboa), preto da igrexa monumental dos Xerónimos, será beatificada a Madre María Clara do Neno Xesús, fundadora da Congregación das Irmáns Franciscanas Hospitaleiras da Inmaculada Concepción. A Misa estará presidida polo cardeal patriarca de Lisboa, José da Cruz Policarpo, e concelebrará o cardeal Angelo Amato, prefecto da Congregación para a Causa dos Santos e outros bispos e sacerdotes.
As Irmáns Hospitaleiras atenden en Tui a Residencia “Paz y Bien” na Sarabia (barrio de Remuíños) e en Baiona realizan tarefas de asistencia social.
Programa da viaxe
Venres 20 de maio. Ás 16,30 horas saída de Tui. Descansaremos nalgunhas das áreas de servizo da autoestrada e arredor das 20 horas (19 polo horario portugués) chegaremos a Fátima (Leiría), onde cenaremos e durmiremos nos hoteis contratados. Os que o desexen poderán desprazarse ata a capeliña das Aparicións, etc.
Sábado 21de maio. Ás 8 horas (7 en Portugal) partiremos de Fátima para asistir ás 11,30 (10,30, hora portuguesa) á Misa solemne de beatificación da Madre María Clara no Estadio de Restelo (Lisboa).Ao remate da celebración subiremos ós autobuses para ir a xantar no restaurante Botequim do Rei (Parque Eduardo VII). Ata a hora da saída para cear y durmir en Fátima, visitaremos os lugares máis emblemáticos do centro histórico de Lisboa.
![Estádio_do_Restelo[1]](https://aboga.files.wordpress.com/2011/03/estc3a1dio_do_restelo1.jpg?w=450&h=337)
No primeiro plano da foto, tellado cos pináculos da monumental igrexa gótica dos Xerónimos. No segundo plano, estadio do Restelo onde xoga o Belenenses, con capacidade para 35.500 espectadores. Neste estadio celebrarase a Misa da beatificación da Madre María Clara do Neno Xesús.
Outra opción
Unha segunda alternativa é regresar o sábado, día 21; despois de xantar no restaurante A Valenciana (próximo ao Botequim do Rei), retornarase a casa inmediatamente. Con algunha parada nas áreas de servizo, a chegada a Tui prevese ó redor das 22 horas (21 en Portugal). O programa e horarios do venres e a mañá do sábado é igual nas duas opcións.
Atención! As habitacións nos hoteis de Fátima son compartidas (dobres ou triplas), porque non é doado conseguir apousentos individuais para tanta xente e, por outra banda, incrementaría demasiado o custo da viaxe.
Importe e inscrición
Pódese escoller a primeira modalidade da viaxe (de venres a domingo) ou a segunda (de venres a sábado).
1) O importe total de venres a domingo son CENTO VINTE euros.
2) O de venres a sábado, SETENTA euros.
Para inscribirse avisen a D. Avelino (tfno. 686 989 810) ou comuníquense coa Residencia “Paz y Bien” (tfno. 986 600 711).
O 8 de maio, domingo, péchase o prazo de inscrición.