
D. José Juan, capelán do Hospital Xeral, grava o canto dos reis a señora Mercedes na súa casa de Ribadelouro.
No blog aboga.wordpress.com, os últimos posts con “Cantos de Reis” teñen incorporada a interpretación musical rexistrada nas entrevistas feitas a Da. Mercedes de Ribadelouro e a Josefa (Pucha) de Porriño. Para escoitar a música hai que facer clic sobre o título do canto.
Estas recuperacións en audio son unha testemuña histórica importante, pois asegúrase a pervivencia destes cantos tradicionais que se transmitían de boca en boca.