CO PAPA EN SANTIAGO

  O 6 de novembro de 2010, ás 7,30 horas, saíu de Tui rumbo a Santiago para recibir a Benedicto XVI un autobús con 56 persoas, contando o guía.

  Os nomes e a procedencia dos peregrinos son: Maricarmen e José María (Pepito), de Figueiró; Susa, Manolo e Maricarmen Casaleiro, de Barrantes; Lola, de Amorín; Manuel e Nieves, do Torrón (Sobrada); Noelia, Ángeles, Eva, Luís, Teresa, Antonio, de Pexegueiro; Avelino e Carmen, de Areas; Margarita, José Núñez, Carmen Rodríguez, Ramón González, Victoria, Ramón Martínez, Saladina, Rosa Rodríguez, José (Josiño) e Maricarmen, de Randufe; Pacita, Pilar de las Heras, Manuel e Clara, de Tui; Rafael, María de la Guía, Luís, Adelita, de Pazos de Reis; Rosa Domínguez, Aarón, María de los Ángeles e Carmen Fernández, de Rebordáns; Paula e María Saleta, de Ribadelouro; Marisa, Rocío, Manuel, Pastora, Dolores, Nicasio, María Jesús, Magdalena, Lara, Raimundo Vila e Juan Rendo, de Guillarei; Isidoro, de Salceda; Pepita e Luis, de Porriño; D. Celso e D. Avelino ( sacerdotes), de Tui e San Bartolomé, respectivamente.

  Ás 9,30 horas chegamos ó aparcamento de San Lázaro, en Compostela. Atopámonos cunha néboa fría que foise disipando ao longo da mañá. Durante a Misa brillou o sol a intervalos.

  Despois de percorrer a pé uns 4 kms., a maioría do grupo estaba situado preto do Hostal dos Reis Católicos, entre a rúa de San Francisco e a subida a Santo Martiño Pinario. Alí, na espera do Papa, estivemos con xente de Portugal, León, Palencia, Granada e Sevilla. Pepita e Luís foron á praza da Quintana, e Josiño conseguiu entrar no Obradoiro, pero retornou á rúa de San Francisco onde ficara a súa dona. Logo de mirar ó Papa (13 horas) dirixímonos á igrexa de Santo Martiño Pinario, onde sentados nos bancos seguimos pola pantalla grande os actos do Pontífice na catedral.

  Admiramos os vaivéns do botafumeiro e recibimos a bendición papal co a que ganamos a indulxencia plenaria, cumprindo as condicións de confesar e comulgar quince días antes ou despois.

  Ás 14,30 tocaba xantar, uns botaron man dos bocadillos que portaban, outros espalláronse polas tabernas típicas de Santiago.

  Antes da hora da Misa, programada para as 16,30, algúns intentaron entrar na praza do Obradoiro. Os de Randufe conseguírono, os outros conformáronse con mirala nas pantallas da praza da Quintana e na igrexa de Santo Martiño Pinario. A Misa empezou cun retraso de media hora.

  D. Celso e D. Avelino concelebraron co Papa e  repartiron a comuñón xuntamente con outros sacerdotes. Entre cardeais, bispos e sacerdotes sumaban uns 600 concelebrantes. A Real Filarmonía de Galicia, desde o interior da catedral, interpretou a Misa Brevis en Do K259 de Mozart, peza preferida polo Papa, admirador e intérprete do músico vienés.

  Benedicto XVI pronunciou a homilía, sinxela na forma pero de contido profundo, na que advertíu: “Europa debe abrirse a Deus, saír ao seu encontro sen medo, traballar coa súa graza por aquela dignidade do home que descubrira as mellores tradicións…É unha traxedia que Europa afirmase que Deus é o antagonista do home”. E fixo esta invitación: “Quixera que os xóvenes renunciasen a un xeito de pensar egoísta, de curto alcance, coma tantas veces lles propoñen”.

  Ás 19 horas rematou a Misa e lentamente nos diriximos, coma un río de xente, a San Lázaro. Eran as 20,15 cando D. Avelino pasou lista no autobús. Co canto á Virxe “Hoy he vuelto a recordar” saímos cara Tui. No traxecto D. Celso informounos do seu traballo cos xóvenes e da súa fundación “Centro de Espiritualidade para Xóvenes”. Aarón contou uns chistes y D. Avelino narrou a lenda do galo de Barcelos.

  Por outra banda, D. Celso ensaiou un canto histórico que a tuna da universidade de Coimbra cantara nun encontro de estudantes que se celebrara en Tui. O magnífico condutor, Moncho, interpretou, con voz ben afinada, orixinais cantos folclóricos.

  As azafatas María e Lara manifestaron que viviran unha experiencia moi fermosa e desexan repetila. Ás 22,15 horas, despois  de despedir a Luís e Pepita no Porriño, chegamos a Guillarei onde entoamos a cantiga “Adiós con el corazón”.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: