ENSINANZAS DO OUTONO

Lembranza dos defuntos

 Morte e Resurrección

Estamos na estación do outono, cando as árbores perden a súa frescura e o forte atractivo da natureza esvanécese: as follas póñense amarelas, disminúe a luz do día e a choiva faise persistente.

Novembro é tamén chamado mes de Defuntos ou mes de Santos. A liturxia da Igrexa e a tradición  multisecular nos leva a meditar sobre a morte, considerándoa como unha realidade inevitable e importante, superable e trascendente. Como dixo o gran pensador Pascal: “Dende a morte de Cristo, ningún cristián morre só.” Aquel que morre con Cristo, resucita con Cristo.

Morte, resurrección, misericordia de Deus, inferno, purgatorio, gloria, comuñón dos santos, son realidades que temos que meditar coidadosamente neste templo de outono.

O misterio da Comuñón dos Santos ilumina este mes e toda a parte final do ano litúrxico, orientádndoo á reflexión sobre o destino terreno das persoas á luz da Resurrección de Cristo

 Festa dos Defuntos

A Conmemoración dos Fieis Defuntos comezou no mosteiro de Cluny (Francia) por iniciativa do abade San Odilon, que en un decreto do ano 998 mandou que “se lembrase ás almas do purgatorio para aliviar as súas penas, alcanzándolles de Deus a purificación e a indulxencia “; tamén sinalou que se clebrara o día seguinte dá festa de “Todos os Santos”.

Baixo a influencia dos benedictinos pasou a Francia, Inglaterra, España e Italia, e de alí estendeuse por toda a Igrexa universal.

A todos aqueles que morreron na paz de Cristo e a todos os defuntos, cuxa fe só Deus coñece, a Igrexa resérvalles un lugar sobranceiro,  llembrándoos en todas as Pregarias Eucarísticas. De algún xeito, todas as misas son de defuntos, porque nelas pídese que sexan admitidos a contemplar o rostro de Deus por toda a eternidade.

Desde os primeiros séculos, a fe da Igrexa lembrou piadosamente ós mortos e ofreceu por eles sufraxios: “Rezar polos defuntos é unha boa acción, o que supón a fe na resurrección dos mortos, segundo o que revelaron as Escrituras, e máis de cheo o Evanxeo”, dí Benedicto XVI.   .

 Indulxencias da Igrexa

A Igrexa fai canto pode para que, ofrecendo os sufraxios que nos recomenda, deixemos baleiro o Purgatorio. Invítanos a rezar especialmente neste mes -máis particularmente nestes primeiros días- polos nosos defuntos para que reduzamos o seu tempo de Purgatorio e o Señor lles abra as portas das moradas eternas, destinadas para eles.

Co gallo da Festa de Todos os Santos e de Todos os Fieis Defuntos pódese conquerir indulxencia plenaria (liberación total das penas do Purgatorio), aplicable polos nosos deudos mortos, visitando un camposanto do 1 ao 8 de novembro e acudindo a un templo a véspera do 1 e o día 2, sempre que se cumpran as condicións requeridas da Confesión, da Comunión e da oración do Noso Pai polas intencións do Papa.

A gran familia da Igrexa encontra nestes días un tempo de graza, e celebrao dacordo coa súa vocación, uníndose na oración constante ó Señor e ofrecendo o seu sacrificio redentor en sufraxio dos fieis defuntos.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: