O ROSARIO E A IMAXE DA CATEDRAL

No mes de outubro a Igrexa dedícalle a Nosa Señora do Ceo esta sinxela e sólida devoción. No Santo Rosario adoramos a Xesús nos brazos maternais de santa María, coma o fixeron os pastores de Belén e os Reis Magos. No Rosario ofrecemos a Deus, pola mediación da Virxe, as máis fermosas “rosas” coma son o Pai Noso, o Avemaría e o Gloria.

O rezo do Rosario remóntase ó século XIII, e dícese que foi iniciativa de San Domingos de Guzmán. O beato Alain de la Roche, fraile dominico, cara ó remate do século XV propagou a recitación do Rosario ou “Salterio de María” composto de 150 Avemarías. A meditación dos misterios era unha oración sinxela e fácil de recitar para todos os cristiáns.

Ademáis, o día 7 de outubro celébrase a festa da Nosa Señora do Rosario que é unha variante da advocación da Virxe da Misericordia. O papa San Pío V, dominico, atribuiu a victoria contra os turcos en Lepanto, o 7 de outubro de 1571, a intercesión da Virxe, invocada en Roma e no mundo enteiro co rezo do Rosario. O ano seguinte, o mesmo papa estableceu a festa conmemorativa da Virxe María da Victoria. No 1593 Gregorio XIII quixo que se chamase Nosa Señora do Rosario, e San Pío X (1903-1914) fixou a súa festa o 7 de outubro.

As aparicións de Lourdes (1858) e de Fátima confirmaron este título mariano. Na sexta aparición de Fátima, o 13 de outubro de 1917, a vidente Lucía preguntoulle a Virxe: ¿Que é o que vostede me quere? A Virxe respondeulle: Quero dicirche que fagan aquí unha capela na miña honra, eu son a Señora do Rosario, e que continúen rezando o Rosario todos os días.

Estructura do Rosario

Ata o 2003 a oración do Rosario constaba de 15 misterios, no mes de febreiro dese ano o papa Xoán Paulo II engadíu os misterios luminosos. Deste xeito, agora o Rosario componse de 20 misterios no que se recitan 20 veces o Noso Pai e o Gloria con outras tantas decenas de Avemarías. A costume é rezar cada día unha parte, isto é, o que os portugueses chaman “o Terço”.

As letanías finais son súplicas ferventes e amorosas; denomínanse lauretanas porque empezaron a rezarse en Loreto (Italia). A oración do Rosario está animada pola idea e a confianza na protección da Virxe. Protección contra os males espirituais e temporais, contra os inimigos da alma e do corpo, e contra todos os males. María sempre é vida, dozura e nosa esperanza.

Consello de Xoán Paulo II na carta apostólica Rosarium Virginis Mariae (16-X-2002):

“Procurade recuperala fermosa costume de rezalo Rosario na familia”.

 A IMAXE DO ROSARIO DA CATEDRAL DE TUI

Nosa Señora do Rosario. Talla adquirida polo Cabildo. Outubro de 1900. Procede de Valencia.

Resulta esclarecedor lo que recoge el Acta de la reunión del Cabildo de la catedral de Tui celebrada el 29 de diciembre 1899. Dice textualmente: “Propuso el Sr. Chantre que en vista de no haber en la Catedral una imagen de la Santísima Virgen del Rosario, y siendo necesario pedirla prestada a otras iglesias para celebrar la procesión del primer Domingo de Octubre, le parecía conveniente que la Catedral la poseyese propia y digna del culto que se la tributa en este templo. Pareciéndole muy justas y razonables al Cabildo las razones expuestas por el Sr. Chantre, acordó comisionar al Sr. Arcediano como fabriquero para que adquiera la imagen referida, hermosa y artística, en cuanto pueda ser, atendidos los recursos de la fábrica”.

En el Cabildo extraordinario del 2 de octubre 1900 el deán informó que de Valencia ya había llegado la efigie del Rosario, la cual se hallaba expuesta en la capilla mayor a la pública veneración. “Manifestó también que una persona devota se adelantó a abonar las mil pesetas que importa la imagen, y que esta persona oculta su nombre, pero entiende que para ella debe consignarse un voto de gracia en el acta correspondiente”. Hoy día esta imagen del Rosario se halla en la capilla del Santísimo Sacramento, bajo un arco ojival.

Como en otras diócesis de España, las pastorales de los obispos tudenses recordaban cada año que se rezara el Rosario en todas las iglesias desde el día 1 de octubre hasta el 2 de noviembre inclusive.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: