CATEQUESE PARROQUIAL. O materialismo radical.

Ideoloxía hedonista

Xa en 1961 dicía o papa Xoán XXIII que o ateísmo militante invadíu a moitos pobos. Este ateísmo proponse que as persoas se volvan en contra de Deus, ou que o esquezan por completo.

 

A ideoloxía materialista utiliza uns recursos poderosos para súa difusión: a televisión, a radio, a prensa escrita, o cine, etc. Diante desta propaganda agresiva, moitos cristiáns atópanse como víctimas indefensas se non teñen a formación relixiosa necesaria para defenderse dos continuos ataques laicistas. O materialismo ou laicismo radical, en moitos casos imposto dende os parlamentos e asumido por algúns partidos políticos, rexeitan o sentido relixioso dos pobos e das persoas, opoñéndose directamente a doutrina de Cristo e a súa moralidade baseada no verdadeiro amor.

Esta marea de materialismo radical difunde a ideoloxía hedonista, como se o pracer fora a finalidade derradeira da existencia humana.Todo isto ven imposto aos países máis desenrolados coma a maneira de chegar a ser ditosos. Pero tamén aos países máis pobres ofréceselle este estilo de vida con  enganosas promesas de benestar individual e social.

Formación relixiosa

Cando o número de analfabetos disminuíu cuantiosamente en todos os países do mundo, pola contra a ignorancia relixiosa aumentou de xeito considerable, tamén nas nacións de antiga tradición cristiá.

Moitos xóvenes chegan á adolescencia, esa etapa de profunda crise e transformación, con descoñecemento completo dos fundamentos elementais da fe e da moral. Por iso ensinar ós que nada ou case nada saben de relixión, isto é, fallarles de Deus e da vida cristiá, supón unhas das principais obrigas para remediar a miseria moral.

A catequese na actualidade é unha obra de misericordia de primeira importancia. Os pais e as nais deben implicarse de cheo na educación cristiá dos seus fillos, sacando tempo para asealos e levalos á catequese que empeza o domingo, 10 de outubro, nas aulas da capela nova da Virxe do Camiño, co horario doutros anos: os domingos ás 11 da maña, e despois a misa as 12.

Santidade da Igrexa

A sociedade materialista ataca duramente a Igrexa, desprestixándoa e desfigurando a súa finalidade, porque dalle noxo a súa mensaxe sobre a inviolavilidade da vida humana dende o seu comezo, a fidelidade ós compromisos, á dignidade da persoa na súa integridade, á coherencia moral…

Na actualidade hai que presentar a natureza da Igrexa, tendo en conta estas verbas de San Pedro: “Vós sodes raza escollida, sacerdocio de reis, nación santa, pobo adquirido por Deus, para pregoar as marabillas daquel que vos chamou das tebras á súa luz admirable” (1 Pe 2, 9).

A este Pobo, Corpo de Cristo, pertence a SantísimaVirxe, San Xosé, San Pedro e San Paulo, Santo Agostiño; santas e santos como Inés, Lucía, Catalina de Siena, Teresa de Xesús, Edith Stein, Teresa de Calcuta, San Isidoro de Sevilla, Santo Tomás de Aquino, Jonh Henry Newman, San Josemaría, Xoán Paulo II, etc. Non hai outra institución que poida presentar persoaxes tan sobranceiros pola súa sabedoría e nivel moral.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: