Virxe do Camiño. Divina Comadroa

Segundo a tradición popular os rapaces de Guillarei e de Rebordáns, e os das outras parroquias veciñas, ían coas ovellas e o gando a pastar na ribeira do Louro e xogaban tirando pedras o río. Unha desas pedras era a que estaba enriba dun penedo no lugar do Salgueiral, barrio de Albelos. Antes o penedo achábase pegado ao Louro, agora quedou afastado do canle do río polas obras da condución das augas residuais da Louriña á depuradora da Veiga do Louro.

Sempre que votaban a pedra ao río, o día despois estaba outra vez arriba. Os rapaces contaron isto nas súas casas, entón viñeron os pais e empurraron tamén a pedra ao Louro pero volveu ao mesmo sitio. Ante tal comprobación, convencéronse que aquela pedra tiña que ser santa. Cargárona nun carro de bois na outra parte do río, na marxe dereita.

Algunhas testemuñas din que a intención era levala a Portugal, mais outros dan como explicación que o único modo de carretala era polo camiño de Santiago. Ademais, naquel tempo, o río vadeábase facilmente, sobre todo no verán.

Ó chegar ao actual barrio da Virxe do Camiño o carro detívose, e no intento de poñelo a andar xunguiron ata seis xuntas de bois. Romperon varios eixos do carro sen saír de alí; logo con dous touros trasladaron a pedra desde o camiño ata o sitio onde se atopa hoxe a capela.

Despois construíron a igrexa coa porta principal mirando ao monte Aloia, pero inesperadamente a imaxe cambiou a súa posición cara ó monte Faro, en Portugal. Ante esta nova persistencia, os veciños tomaron a decisión de tapiar a porta e abrir outra ao poñente para cumprir o que parecía un desexo claro da Virxe do Camiño: estar vendo constantemente á ermida portuguesa onde se lle venera co título de Nosa Señora do Faro.

Hai a dúbida de se a tradición refírese só a unha pedra ou a unha imaxe granítica. Parece máis crible que fose unha pedra indicadora do lugar onde a Virxe quería se levantase a capela a Élla adicada. Algo semellante á neve que apareceu no monte Esquilino no ferragosto romano, da noite do 5 ó 6 de agosto, como sinal de que a Virxe desexaba que se levantase alí unha capela, despois chamada de Nosa Señora das Neves.

A Virxe do Camiño, desde tempo inmemorial, contou con moita devoción como “Divina Comadroa”, pois as mulleres xestantes implorábanlle axuda e as nais lactantes ían mostrarlle a súa gratitude.

Co paso dos anos, algúns deses fillos nacidos baixo a súa protección, para abrirse camiño na vida, emigraron a afastados países e lémbrana con fe e esperanza, repetindo os seguintes versos:

Virxe do Camiño,

que amparas aos que se van.

Que volvan ao seu larciño,

antes hoxe que mañá.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: