EPÍGRAFE EN RANDUFE DO 1688.

A rectitude de intención

Manuel Solla ó pé da inscripción

A poucos metros da igrexa da Guía (Randufe), seguindo a estrada que une o barrio da Guía co de Arcos, no número 23, áchase a casa con horta que habita Fátima Romero Solla. Á esquerda do cancelo de entrada ao solar, nun perpiaño que coroa o muro, pódese ler a inscrición gravada en dúas liñas e en letras minúsculas que dí:

ama a Dios bibe bien
dexa decir año 1688

Segundo Fátima Romero Solla, a actual moradora do solar, a pedra co epitafio estaba colocada orixinalmente na parede da solaina ou balcón da casa antiga, como dintel da fiestra que daba luz a un espazo interior.
Manolo Solla González, de 82 anos, casado con María Luisa Pérez Cerviño, tío de Fátima describiu deste xeito a vivenda. Tiña dúas plantas, un soto ocupado polas cortes dos animais e adega, e o sobrado ó que se subía por unha escaleira exterior de pedra ata a solaina, e alí unha porta daba acceso ós cuartos.

Tanto Manolo como a súa sobriña Fátima manifestan que ó redor do 1970 desfíxose a casa primitiva para levantar unha vivenda máis confortable, e a pedra coa inscrición gardádona na adega. Polo ano 1980, ensanchóuse o camiño e o pai de Fátima, Pepe Romero, tivo que porfiar para que se puxese a devandita pedra no muro de peche, e así puidésenna ler todos os transeúntes.

A pesar das incansables pescudas non conseguimos coñecer a autoría e o motivo do lema gravado; non é doado porque transcorreron catro séculos e non se conserva ningún testemuño documental. Só logramos saber que ese soar chamábase “Casa do señor Florentino”, que era o bisavó de Fátima. Tiña que vir de boas raíces, afirma María Romero Martínez das Baliñas, pois cando se trataba de resolver conflitos entre veciños, polas augas ou polos camiños de servidume, o que dicía Florentino era “sentenza firme”.
O obxectivo da frase é evidente, pois invita a coidar a rectitude de intención nos nosos pensamentos, desexos e accións de xeito que estean dirixidos a Deus e ao servizo dos demais, sen que nos importe o que outros pensen ou digan. Esta fe forte e operativa nada ten que ver coa falsa prudencia que equivale ao disimulo, á hipocrisía, á astucia, á falsedade, ó cálculo interesado e egoísta, que vai á procura principalmente do interese material.

Como hipótese que explique a orixe do lema, pode suporse que esta sentenza ou consigna foi proposta por algún misioneiro, ata polo propio párroco aos seus fregueses, e os moradores do eido do Florentino quixéronna visualizar para perpetuala e sobre todo para practicala.

Naqueles tempos non existían anuncios televisivos nin propaganda nos periódicos, e a maneira máis habitual de facer a publicidade era gravar as mensaxes nas pedras. Estas gravacións son chamadas inscricións epigráficas.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: