CRÓNICA DAS VODAS DE OURO

O sábado10 de xullo celebráronse as vodas de ouro sacerdotais de D. Avelino Rodríguez Fernández, actual párroco de Santa Mariña de Cabral, nacido en San Bartolomeu de Rebordáns, no barrio de Paredes, cunha festa sinxela, mais chea de viva emoción e de explosiva alegría.

As 12,30 empezou a misa solemne na igrexa parroquial que presidiu D. Avelino, acompañado doutros sacerdotes. Predicou a homilía o párroco de San Bartolomeu, D. Avelino Bouzón Gallego, quen dixo que trataría os tres puntos que habitualmente se consideran nas conmemoracións dos aniversarios das vodas de ouro matrimoniais. Primeiramente unímonos a D. Avelino -sinalou o predicador- para  dar grazas a Deus polos 50 anos de sacerdocio. Con él pedimos perdón -é o segundo punto-, porque por omisión ou comisión temos cousas das que arrepentirnos. E, por último, pedimos axuda a Santa María cos título de Nosa Señora das Dores, así venerada en Cabral, e a Virxe do Camiño, como se chama en Rebordáns, para que a D. Avelino, e  a todos,  nos leve  da súa man.

D. José Manuel Alonso Costas entoou os cantos litúrxicos co acompañamento do órgano que tocou o mestre D. Camilo Paz Valverde. Despois da bendición final, o párroco de San Bartolomeu leu a cordial bendición do papa Benedicto XVI para o homenaxeado; logo tivo lugar o rito expresivo do beixamáns. Rematou a eucaristía cunhas palabras de gratitude de D. Avelino Rodríguez.

No adro da igrexa, o grupo de baile e gaitas do Centro Cultural San Fins de Rebordáns interpretou unhas fermosas pezas musicais na honra de D. Avelino e ofreceulle o obsequio do Centro Cultural.

No restaurante Alfonso I reuníronse para xantar case duascentas persoas, perfectamente acomodadas polas comisarias de Cabral, Rosa Cameselle e Marina Simón, e Ana Martínez, de Rebordáns. Na sobremesa, houbo actuacións varias. D. Avelino Bouzón fixo o discurso panexírico; pola súa banda Aurora Alonso, de Cabral, dedicoulle tamén unhas verbas laudatorias e a gran poetisa Emilia Pérez Rosende recitoulle un delicioso poema.

Como o primeiro prato demorábase, o conxunto musical “Airiños do Miño”, dirixido por Camilo Martínez Sías, interpretou un par de pezas, sendo calorosamente aplaudido en todas as súas intervencións.

Continuaron as testemuñas sobre a infancia e mocidade de D. Avelino, así como as lembranzas de tempos pretéritos, seguido da entrega de espléndidos agasallos, ofrecidos uns polos familiares e outros polos particulares. A Comunidade de Montes de Rebordáns regaloulle unha fermosa pintura do cruceiro de San Bartolomeu e da igrexa parroquial.

A Comisión organizadora da homenaxe desexa expresar o seu agradecemento a todos os participantes no evento, particularmente as mulleres que limparon e ornamentaron o templo parroquial e aos que colaboraron de xeito más activo na celebración festiva das vodas de ouro sacerdotais de D. Avelino.
Grazas a todos.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: