Conversa con Dona Mercedes

A Sra. Mercedes e o bebé de 5 meses David Vicente Guerreiro

O 8 de xuño de 2010, visitei no seu domicilio en San Simón, parroquia de Santa Comba de Ribadelouro, a dona María Mercedes González Domínguez, de 88 anos de idade, viúva de D.Valentín Hermida Gómez, para facerlle entrega dun poema do seu irmán, o sempre don Basilio, profesor do Seminario, capelán dos Irmáns Maristas, profesor de relixión do Instituto San Paio e cóengo maxistral que finou o 25 de febreiro de 1985 74 anos. Eran case as 6 do serán e a señora Mercedes atopábase na cama afectada por un leve arrefriado.

Aínda que con algunhas doenzas, conserva unha sorprendente vitalidade e unha memoria prodixiosa. Contoume que eran cinco irmáns: Anunciación, a maior (di Mercedes que era loura coma o seu pai, mentres que os demais “eran negros como chicharros”), Basilio, o segundo, Carmen, María Mercedes (a vivente) e María da Paz Peregrina. Pacita atendeu aD. Basilio desde que deixou de ser formador do Seminario de Tui. Tamén recorda Mercedes que o seu irmán Basilio tiña 9 anos cando ingresou no Seminario. Axudouno moito o abade de Ribadelouro D. José Martínez López, natural de Tabagón; como mostra de recoñecemento D. Basilio dedicoulle a foto vestido de seminarista, coa primeira sotana que lle fixera a súa nai, María da Saleta, costureira, mentres que o seu pai, Manuel González, era canteiro e morreu no 1933, o mesmo ano da ordenación sacerdotal do seu fillo, poucos meses antes de cantar a primeira misa.

D. Basilio exerceu o ministerio sempre en Tui, pero como era un excelente predicador ía as parroquias onde o chamaban. Mercedes lémbrase que o seu irmán contaba a miúdo que a primeira vez que foi a predicar lonxe deTui pasou a noite na casa dunha familia onde non había luz eléctrica, e para rezar a última parte da Liturxia das Horas e meterse na cama, tivo que valerse da chama de dúas piñas dentro dunha sartén. Noutra ocasión déronlle tres pesos por predicar un sermón en Budiño, e ao volver a Tui atracárono uns ladróns e leváronlle os tres pesos.

Sinala Mercedes que na familia houbo antes un sacerdote, D. Salustiano Lourido Domínguez, que naceu o 16 de maio de 1835; era fillo de Manuel Lourido e Rosa Domínguez, tío da súa nai María da Saleta, está enterrado no adro da igrexa de Ribadelouro, no espazo que da á entrada principal, onde tamén estaba a tumba de Rosa, a veciña que ensinou a coser á súa nai. Destas sepulturas acórdase Mercedes, pero agora non se miran.

 
 
 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: